GRAZAS POR TANTO!
Esta semana ademais de seguir taballando e xogando houbo una data especial. Conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Logo de reflexionar sobre o tema e visualizar un vídeo, realizamos una actividade plástica para agradecer ás mamás todo o que fan por nós nunha loita constante pola conciliación. Sabemos que non é unha loita só das mulleres, senón que é unha loita na procura dunha igualdade real de todas as persoas que conformamos a sociedade.
Mentres esta igualdade real non é efectiva, é fundamental educar ás futuras xeracións nuns principios, valores e corresponsabilidades que axuden a acadar esa sociedade igualitaria; así como agradecer ás mulleres que forman parte das nosas vidas todo o que fan no seu día a día case sempre dunha forma invisible ou renunciando a moitos obxectivos.
Polo tanto, MAMÁS.... GRAZAS por ser, por darnos a vida, por estar, por guiar, por coidar, por dar exemplo, por inspirar, por querer... GRAZAS POR TANTO!
❤️❤️❤️❤️🤗
ResponderEliminar💜💜💜
ResponderEliminar♥️♥️
ResponderEliminar