O ANIVERSARIO DE MARCO E A SEMANA DA PRENSA
Este mércores festexamos na clase dos/as osos/as polares o aniversario de Marco. Marco deu as catro voltas ao Sol, soprou a vela e cantámoslle o "Cumpleaños feliz".
Parabéns Marco! Por mil voltas máis ao Sol!
Ademais traballamos contidos lóxico-matem-aticos, de lectoescritura e conmemoramos a Semana da prensa traballando co xornal, que a verdade foi toda unha novidade. Primeiro falamos do tipo de papel co que se elaboran, dos diferentes tamaños das letras, das imaxes, da portada e da contraportada... Despois, como non, xogamos con el. E, finalmente, realizamos unha actividade para desenvolver a nosa creatividade coas súas follas. Cando remataba a mañá, foron varios/as oso/as polares que pediron levar un xornal para casa. E así foi a historia!
Agardamos que vos gusten estas fotiños!









































Ningún comentario:
Publicar un comentario
Anímate e comenta esta entrada