19 de xuño de 2023

Leitugas para todos/as!!

 Pois xa foi tempo de facer a recolleita das leitugas que plantaramos semanas atrás. Cada un/unha de nós levamos para casa unha leituga para hacer ensalada! Estamos moi satisfeitos/as deste traballiño de horta, polo que para o próximo curso seguiremos con estas actividades de terra probando a plantar outras variedades!! Noraboa baleas e osos polares polo traballo!! Que aproveiten esas ensaladiñas!





















Saída á praia de Zopazos

Que ben o pasamos facendo castelos de area na praia!! Podemos decir que xa estamos listos para comezar as vacacións de verán!! Toda unha experiencia podela vivila coas familias que puidéchedes acompañarnos ese día!! Moitas grazas por facelo posible!! Para o próximo curso repetimos!!



















Pintamos a primavera

 Na clase das baleas estas últimas semanas aproveitamos para pintar cadros da primavera mentres escoitábamos a música de Vivaldi das 4 estacións. Ollade as fotiños deses días!!













18 de xuño de 2023

 ANIVERSARIOS DE XUÑO E XULLO

Este venres celebramos na clase dos/as Osos/as polares os aniversarios de xuño e xullo. Coma sempre, os/as nenos/as que cumpriron ou van cumprir anos deron as 4 voltas ao Sol, sopraron a vela e sacamos a foto de grupo. Aquí tedes unhas fotiños!