11 de marzo de 2023

 GRAZAS POR TANTO!

Esta semana ademais de seguir taballando e xogando houbo una data especial. Conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Logo de reflexionar sobre o tema e visualizar un vídeo, realizamos una actividade plástica para agradecer ás mamás todo o que fan por nós  nunha loita constante pola conciliación. Sabemos que non é unha loita só das mulleres, senón que é unha loita na procura dunha igualdade real de todas as persoas que conformamos a sociedade.

Mentres esta igualdade real non é efectiva, é fundamental educar ás futuras xeracións nuns principios, valores e corresponsabilidades que axuden a acadar esa sociedade igualitaria; así como agradecer ás mulleres que forman parte das nosas vidas todo o que fan no seu día a día case sempre dunha forma invisible ou renunciando a moitos obxectivos.

Polo tanto, MAMÁS.... GRAZAS por ser, por darnos a vida, por estar, por guiar, por coidar, por dar exemplo, por inspirar, por querer...  GRAZAS POR TANTO!































3 comentarios:

Anímate e comenta esta entrada