QUEIMA DO ENTROIDO, DÍA DE ROSALÍA E MÁIS COUSIÑAS DO PDI
A volta do Entroido estivo chea de actividades. Logo de intentatalo o xoves, finalmente o mal tempo fixo que a queima do Entroido pasara ao venres sen que faltara a popular canción do "Xa morreu".
Aquí tedes o vídeo https://www.youtube.com/watch?v=2CN43pedZ4E
Ademais esta semana continuamos traballando diferentes aspectos do PDI . Co frío que facía, e xa que a neve será difícil que se deixe ver en Pontedeume, fixemos neve caseira. Se vos animades a facela en casa son dúas medidas de bicarbonato sódico por unha de auga. Iso si...preparádevos para limpar!!!
Tamén practicamos a camiñar e deslizarnos como pingüíns! Foi ben divertido!
E xa para rematar, logo de toda a semana falar do tema, homeaxeamos á escritora Rosalía de Castro polo aniversario do seu nacemento. Entre todos/as os/as nenos/as da escola fixemos un mural cheo de flores con versos ou palabras relacionadas con ela.
E xa para rematar unhas fotiños dunha das nosas sesións de psicomotricidade. Que ben o pasamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Anímate e comenta esta entrada