3 de febreiro de 2023

 Día Escolar da Paz e da non Violencia e máis cousiñas do Polo Norte e do Polo Sur

Comezamos esta semana conmemorando o Días escolar da Paz e da non Violencia xunto co resto do alumnado e profesorado do centro no patio de Educación Primaria, onde cantamos e bailamos a canción "Eu teño alguén " de María Fumaça. Tamén fomos visitar o gran corazón que fixemos entre todo o alumnado do colexio no que cada neno/a pintou un pequeno corazón coa a palabra PAZ en diferentes idiomas de fondo.

Ademais, Güino, a mascota da nosa biblioteca propúxonos participar na elección do nome da que vai ser a radio da nosa escola. A clase das Baleas decidiu propoñer o nome de "Radio Sol" e debuxou un sol na súa proposta. A clase dos Osos polares decidiu propoñer o nome de "Radio Corazón" e debuxamos un corazón na nosa proposta.

Tamén houbo tempo para saír a xogar fóra e con sorpresa incluída, xa que atopamos xeo nun xoguete do patio!!! Si que fixo frío esta semana!!!

E como non, continuamos coas diferentes propostas de lectoescritura, lóxico-matemática, expresión plástica... e co noso proxecto sobre o Polo Norte e o Polo Sur: seguimos investigando onde están situados, o seu clima, quen vive alí, onde e como viven... Ata apareceron uns iglús nas nosas clases e uns disfraces de inuits, que por suposto probamos!!! (os/as que quixeron... o resto a ver se se vai animando!!!)

Agardamos que vos gusten estas fotiños!!!























































































































1 comentario:

Anímate e comenta esta entrada