10 de febreiro de 2023

UN OBRADOIRO COAS FAMILIAS PARA FACER OS DISFRACES DE ENTROIDO E MÁIS COUSIÑAS DO POLO NORTE E DO POLO SUR

Temos que comezar esta entrada de blog agradecendo a vosa participación no primeiro obradoiro de elaboración de disfraces de entroido que organizamos na escola. Agardamos que gozárades da experiencia. Aí van unhas fotiños de rocordo!








Pero ademais xa en horario de mañá Baleas e Osos polares non paramos de aprender cousiñas sobre o Polo Norte e o Polo Sur: pescamos como os inuits, investigamos sobre os animais que viven alí (en concreto esta semana centrámonos no oso polar, os pingüíns e as baleas). Sabedes que un oso polar erguido pode medir case como tres nenos/as de 3 anos? 

Nestas fotiños tedes un resumo das nosas aprendizaxes diarias!























 

E como todas as semáns houbo tempo para a robótica coa profe Sonia! Encántanos xogar co Blue Bot!

 


















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate e comenta esta entrada