O POLO NORTE E O POLO SUR
Esta semana na clase dos osos polares estivemos a investigar sobre o polo norte e o polo sur. Localizámoos no globo terráqueo, descrubrimos que só hai dúas estacións (inverno e verán) e que mesmo sendo verán vai moítisimo frío.
Tamén dedicamos tempo a preparar as actividades que realizaremos todo o cole para conmemorar a semán que vén o Día escolar da non violencia e a paz.
Todo isto sen esquecernos de traballar no desenvolvemento da motricidade fina, a atención visual, a pinza dixital, a lecto-escritura ou a lóxica matemática.
Nestas fotiños podedes facervos unha idea de todo o que fixemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Anímate e comenta esta entrada