20 de xaneiro de 2023

VOLVEMOS CON MOITAS GANAS!!

 Logo de pasar as vacacións, volvemos ao cole con moitas ganas de reencontrarnos cos/as amigos/as e de seguir compartindo xogos e experiencias con todos eles/as!! Había moito que contar e entre conversa e conversa tivemos tempo de seguir  progresando nas actividades de lectoescritura, de avanzar no proxecto e e continuar prestando atención na nosa psicomotricidade fina. 

Quixemos tamén ir visitar a Güino (a mascota da biblio do cole) para comprobar que non se esquecera de nós e así aproveitar a viaxe para pedirlle que nos prestara algún contiño para levar ás casas e que tanto desfrutamos coas familias.

Mesmo tivemos uns días un pouco grises, de mal tempo fóra... pero que puidemos "desfrutar" desde as clases vendo como granizaba!!

Mentres todo iso pasaba, as profes non deixaron de captar todos eses momentos!! Aquí tedes as fotiños destes días!

















































































































Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate e comenta esta entrada