E COLORÍN COLORADO... TRIMESTRE REMATADO!
Os últimos catro días de cole foron intensos! Entre o cansancio que todos e todas levabamos acumulado e os nervios polas datas que estamos a vivir foron días especiais, sobre todo o mércores e xoves nos que celebramos no colexio os tradicionais festivais de Nadal para todo o alumnado e as familias. Se non puidestes acompañarnos, no seguinte enlace podedes ver todas as actuacións do colexio: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/node/766
O xoves, o momento da parva tamén foi especial e baleas e osos polares xuntámonos para compartir este tempo cos/as compis da outra clase. Rematamos o día bailando, cantando e, por suposto, xogando! Por certo, como nos gusta xogar con caixas!!! Para a clase dos osos polares foi tamén un día de despedidas xa que a profe Patri finalizou o seu período de prácticas. De agasallo fixémoslle un cadro feito coas nosas pegadas. Agardamos a túa visita profe Patri sempre que o desexes!
Agardamos que vos gusten estas fotiños e que esteades disfrutando das merecidas vacacións peques!!!
Feliz ano para vos tamen 😘
ResponderEliminarMoitas grazas polo voso esforzo e dedicación ao longo do trimestre, e moitas grazas por deixarnos ver o día a día dos nosos nenos na escola. Feliz aninovo!
ResponderEliminarE de agradecer que compartades estes momentos con nos. As mamis que non podemos estar moi latentes no cole cos nenos por trabajo ainda o agradecemos máis. Gracias. ¡Bo Nadal!
ResponderEliminar