29 de decembro de 2022

 E COLORÍN COLORADO... TRIMESTRE REMATADO!

Os últimos catro días de cole foron intensos! Entre o cansancio que todos e todas levabamos acumulado e os nervios polas datas que estamos a vivir foron días especiais, sobre todo o mércores e xoves nos que celebramos no colexio os tradicionais festivais de Nadal para todo o alumnado e as familias. Se non puidestes acompañarnos, no seguinte enlace podedes ver todas as actuacións do colexio: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/node/766

O xoves, o momento da parva tamén foi especial e baleas e osos polares xuntámonos para compartir este tempo cos/as compis da outra clase. Rematamos o día bailando, cantando e,  por suposto, xogando! Por certo, como nos gusta xogar con caixas!!! Para a clase dos osos polares foi tamén un día de despedidas xa que a profe Patri finalizou o seu período de prácticas. De agasallo fixémoslle un cadro feito coas nosas pegadas. Agardamos a túa visita profe Patri sempre que o desexes! 

Agardamos que vos gusten estas fotiños e que esteades disfrutando das merecidas vacacións peques!!!



































3 comentarios:

  1. Feliz ano para vos tamen 😘

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo voso esforzo e dedicación ao longo do trimestre, e moitas grazas por deixarnos ver o día a día dos nosos nenos na escola. Feliz aninovo!

    ResponderEliminar
  3. E de agradecer que compartades estes momentos con nos. As mamis que non podemos estar moi latentes no cole cos nenos por trabajo ainda o agradecemos máis. Gracias. ¡Bo Nadal!

    ResponderEliminar

Anímate e comenta esta entrada