1 de decembro de 2022

 DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER

O pasado 25 de novembro conmemoruse na nosa escola o  DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER aprazando a gran celebración de todo o colexio para este luns. Entre todos/as fixemos uns enormes banderíns baixo o lema "Unímonos" que podedes ver na entrada do colexio. Igualmente lucimos unhas pulseiras con ese mesmo lema. Despois do recreo bailamos todo o colexio a canción "Déjame" de Los Secretos que nos gustou tanto que repetimos ata 3 veces! Mirade que vídeo tan chulo fixo o equipo de TIC do colexio.

https://www.youtube.com/watch?v=PdQM_WnOtg8


E xa para rematar unhas fotiños de como preparamos a festa!

Ogallá nun fututo non teñamos que conmemorar este día... mentres tanto recordemos que os nenos e nenas de hoxe son as persoas adultas do futuro...  

 


















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate e comenta esta entrada