1 de decembro de 2022

 EMPEZA A CHEGAR O FRÍO, O NADAL E... ARRANCAMOS CO PDI

 Este luns cando chegamos ao cole atopamos moitas propostas de traballo novas. Xa non queda nada para o Nadal e na escola non somos alleos a esta realidade tratando de traballala desde unha perpectiva o máis laica posible. 

Sen embargo, o que máis nos gustou foi que atopamos uns bloques de xeo. Dentro parecía que había animaliños pero non o tiñamos moi claro... Así que o primeiro que tivemos que investigar era como derretir o xeo. Logo decidimos que íamos botarlle auga con pipetas, como se foramos científicos/as e... que apareceu??? Animais!!!! Empezamos a falar sobre como se chamaban (coñeciamos só algúns), onde vivían (no polo norte, pero todos no porlo norte con Papá Noel? ou había outro polo?). Tiñamos moitas dúbidas... Así que non queda outra que investigar para aprender moitas cousas. Arrancamos co PDI e os nenos e nenas de 3 anos "Viaxamos aos polos!".  O que si temos claro é como se van chamar as nosas clases. 3 anos A decidiuno hai uns días. Serán As Baleas. E 3 anos B seremos Os Osos Polares!

Xa vos iremos contando como van as nosas investigacións! Mentres tanto vos deixamos unhas fotiños!




























































Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate e comenta esta entrada