CONTINUAMOS XOGANDO E APRENDENDO NO COLE!
Estes días continuamos aprendendo e xogando no cole. Houbo ocasión de xogar con novas propostas relacionadas co Nadal e co PDI que nos encantaron. Participamos tamén na elaboración dunha gran árbore de Nadal para a entrada do cole xunto cos/as outros/as compis de Infantil (a nós tocounos facer o tronco e uns agasallos para o pé da árbore). Por outra banda, a profe Patri está rematando as súas prácticas na clase dos osos polares e propúxonos pintar con xeo de cores!!! Mirade estas fotiños para facervos idea de todo o que estamos argallando.
👏👏👏👏
ResponderEliminarGrazas por compartirlo!! 🥰
ResponderEliminar