Estes días, pese aos virus que andan rondando as nosas clases, seguimos a experimentar coas cores, as letras e os números. Tamén tomamos contacto co Bee Bot!! Un robot que segue as nosas ordes (e iso nos gustou moito ;)


Aproveitamos os animais que tanto nos gustan para comezar a establecer relacións de cantidade con eles e ir pouquiño a pouco asociándoo coas grafías dos números...
Continuamos tamén cos traballos do outono e os seus fenómenos meteorolóxicos, algo que puidemos comprobar por nós mesmos con estes días de tanta chuvia...
Aquí os tedes tomando os primeiros contactos, tentando descubrir como bos e boas exploradores/as uns animaliños procedentes dos polos que estaban ben escondidos no xeo... qué serán??
Aproveitamos para contarvos que xa eliximos nome, e somos... A CLASE DAS BALEAS!!!
Pronto teredes máis noticias!
Apertas familias!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Anímate e comenta esta entrada