28 de outubro de 2022

UNHA SEMANA TERRORIFICAMENTE DIVERTIDA

👻 Como ben di o título desta entrada, tivemos unha semana terroríficamente divertida. Comezamos co regreso dunha actividade que sempre é exitosa e que por mor da pandemia levaba dous cursos sen poder realizarse e que consiste en que alumnado dos últimos cursos de primaria visita as nosas aulas para lernos un conto.


Por outra parte, ademais dos traballiños e experiencias relacionados co Samaín, fomos ver a exposición de contos de medo realizada polo equipo de biblioteca do cole, onde tiñamos un conto elixido especialmente para nós que hoxe limos. Aproveitamos a ocasión para facer unha pequena excursión ata a biblioteca e as clases de primaria, onde vistamos a irmás/áns e curmás/áns e ata recibimos un suave agasallo.











Para rematar... hoxe festa!!! Disfraces, exposición de cabazas e lectura ás escuras. Temos que agradecervos ás familias a vosa implicación e colaboración para facer que a festa de hoxe fose posible. A exposición de cabazas foi espectacular!!!

E coma sempre todo isto baixo o paraugas da música. Non vos perdades a canción do conto "Corre, corre, cabaciña"!!! Encántanos!!!

Apertas familias!!!


















3 comentarios:

  1. Que buenas fotos, que bien lo pasan y cuánto aprenden!! Gracias

    ResponderEliminar
  2. Lo pasaron tan bien que el lunes y el martes el no ir al Cole no les gustó mucho...

    ResponderEliminar
  3. Muchísimas gracias por compartir estas fotos!! Es la mejor manera de conocer las actividades que realizan en el cole, ya que en casa no nos cuenta nada. Un gran trabajo con la decoración y las propuestas para celebrar Halloween!!

    ResponderEliminar

Anímate e comenta esta entrada