11 de novembro de 2022

 CELEBRANDO O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN!!!

Desde que celebramos o Samaín, as dúas clases de 3 anos seguimos disfrutando un montón no cole con diferentes xogos e actividades relacionados co outono.  Como xa vos adiantamos, cada luns a partir desta semana iremos ver a Güino, a mascota da biblioteca do cole que nos deixará un conto para levar a casa durante uns días. Os luns tamén é o día en que os nenos/as de 5ª e 6ª veñen a lernos un conto e, para que mentir... encántanos!!!

E como remate final desta semana... MAGOSTO E DÍA DO PEÓN!!! O tempo acompañou e xa había moitas ganas de volver a ter unha festa coas familias e co resto de alumnado e profesorado do colexio!!!! 

Grazas familias por acompañarnos!!! Esperamos que vos gusten estas fotiños!!!

















































































































































1 comentario:

Anímate e comenta esta entrada