E nun abrir e pechar os ollos... chegamos ao mes de abril e o sangue alterado nas venas!! ;)
Rematamos o segundo trimestre con montón de actividades!! Celebramos a tan ansiada chegada da primavera pintando un campo de flores na cristaleira da nota clase. Todo un experimento que gozamos moitísimo mesturando cores e botando a voar a nosa imaginación!!
Ademais tivemos tempo de visitar o novo estudo de radio que hai na escola e que leva por nome "Radio Falangueira. Sempre a túa beira". Así descubrimos a montaxe que conleva unha radio e mesmo nos animamos a soltar unhas verbas como verdadeiros/as interlocutores/as. Toda unha experiencia!!
Non quedaron atrás actividades de lectoescritura e lóxica matemática. Aquí vos compartimos unhas fotiños e aproveitamos para desexarvos unhas merecidas vacación!! Disfrutádeas en familia e recargade baterías para a recta final!
Apertas baleas e familias!!!
Que ben o pasan!
ResponderEliminar