A PRIMAVERA, O DÍA DA POESÍA E VISITA Á RADIO DA ESCOLA
Na clase dos/as osos/as polares coa chegada da primavera tocou cambio de xogos e xoguetes coa clase das Baleas. Tamén estamos cambiando a decoración das clases e facendo traballiños sobre o tema. Ademais, xunto co resto do colexio, conmemoramos o Día da poesía e recitamos unha poesía. Pero tamén houbo tempo para visitar a radio escolar que está a puntiño de porse a funcionar. Aprendemos que "Radio Falangueira, sempre á túa beira" foi o nome finalmente elixido para a radio do cole. Tamén falamos polos micros e probamos os cascos. Foi unha experiencia que lles encantou.
Mañá remata o trimestre e xa só queda o último empurrón do curso. A verdade é que o están facendo xenial estes/as peques/as. Teñen ben merecidos estes días de descanso!!! Apertas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Anímate e comenta esta entrada