18 de novembro de 2022

 OUTRA SEMANA MÁIS NO COLE!

Esta semana nas clases de tres anos continuamos a traballar co tema do outono con propostas de actividades tanto relacionadas coa lectoescritura como co conteo. Houbo tamén tempo para gozar de xogos novos e para as actividades plásticas, que por certo nos encantan! Pintamos co dedo, estampamos tapóns, pintamos con bastoncillos e debuxamos o outono escoitando "O outono" de Vivaldi. Tamén visitounos a profe Sonia con Bluebot, un robot que nos está axudando a achegarnos ao mundo da robótica. 

Esperamos que vos gusten estas fotiños!

 

 




















































1 comentario:

Anímate e comenta esta entrada