28 de outubro de 2022

 UNHA SEMANA TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDA

 Como ben di o título desta entrada, tivemos unha semana terroríficamente divertida. Comezamos co regreso dunha actividade que sempre é exitosa e que por mor da pandemia levaba dous cursos sen poder realizarse que consiste en que alumnado dos últimos cursos de primaria visita as nosas aulas para lernos un conto.


Por outra parte, ademais dos traballiños e experiencias relacionados co Samaín, fomos ver a exposición de contos de medo realizada polo equipo de biblioteca do cole, onde tiñamos un conto elixido especialmente para nós que hoxe limos. Aproveitamos a ocasión para facer unha pequena excursión ata a biblioteca e as clases de primaria, onde vistamos a irmás/áns e curmás/áns e ata recibimos un suave agasallo.

 
 

















Para rematar... hoxe festa!!! Disfraces, exposición de cabazas e lectura ás escuras. Temos que agradecervos ás familias a vosa implicación e colaboración para facer que a festa de hoxe fose posible. A exposición de cabazas foi espectacular!!!

E coma sempre todo isto baixo o paraugas da música. Non vos perdades a canción do conto "Corre, corre, cabaciña"!!! Encántanos!!!

Apertas familias!!!



























































































1 comentario:

Anímate e comenta esta entrada