SEGUIMOS APRENDENDO XOGANDO NESTE SEGUNDO TRIMESTRE
Neste segundo trimestre seguimos a desenvolver diferentes propostas nas nosas aulas. Moitas están ligadas ao xogo simbólico, outras ao desenvovemento de destrezas e habilidades para a vida práctica, como por exemplo estas propostas:
Tamén estamos adicándolle tempo ao desenvolvemento dos pilares básicos da lectoescritura, a través do xogos con rimas,, adiviñas, contos; actividades de grafomotricidade; estamos moi motivados/as en escribir palabras; e cada semana descubrimos unha letra minúscula nova e a asociamos coa súa maiúscula.
E por suposto seguimos a desenvolver contidos relacionados coa lóxicomatemática traballando o taboleiro do 100, a descomposición de números, o conteo, a grafía dos números, a asociación grafía/cantidade...
E tamén hai tempo para as conmemoracións como o Día escolar da paz e da non violencia no que participamos nunha actividade conxunta co resto dos/as nenos/as da escola. Partindo desta canción (que cantamos e bailamos e nos encantou) https://www.youtube.com/watch?v=NK2WpeIK48M&list=RDNK2WpeIK48M&start_radio=1&rv=NK2WpeIK48M elaboramos unhas siluetas do noso corpo, tomando a idea das siluetas de Keith Haring. Estas siluetas unímolas con corazóns dándose a man, como versa a canción, e todo o cole o 30 de xaneiro, bailamos e cantamos unidos/as pola paz e a non violencia.
Ata a próxima!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Anímate e comenta esta entrada