DÍA DE ROSALÍA
Este venres conmemoramos no noso colexio o Día de Rosalía de Castro. ESte ano a actividade consistiu en decorar cada curso unha maceta e escribir nela uns versos que nos foron asignados dun poema da escritora. Nas macetas plantamos unhas rosas, flor que simboliza a Rosalía de Castro. Vega, a encargada dese día, foi quen colocou a nosa maceta xunto coas do resto do colexio.
Aproveitamos a ocasión para escoitar unhas cancións adicadas a Rosalía que xa coñeciamos de cursos pasados. Pichade no enlace para escoitalas https://www.youtube.com/watch?v=DviI2zrdtJ0&list=PLSKIP1hsOgp_F6HczVFCuhWXcZr35IeTS&index=1
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Anímate e comenta esta entrada