ESTIVEMOS MOI ATAREFADOS/AS NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE
A verdade é que levabamos tempo sen escribir por aquí, pero non pensedes que estabamos perdendo o tempo... todo o contrario!!! Estabamos moi atarefados/as... O proxecto das cabazas xa está case case rematado, obradoiro de cociña incluído grazas ao papá de Paulo. Tamén veu a nai de Olivia a axudarnos a facer os tarriños de cristal que levaron a casa polo Samaín, pero esquecemos sacar fotos... Ademais fixemos un montón de propostas para traballar a lóxicamatemática, a lecotescritura, a motricidade fina e grosa, a atención...
Tamén veu a mamá de Axel a xogar con nós a unha actividades moi chulas que ela deseña. A verdade é que nos encantaron e tivemos a oportunidade de xogar cos ordenadores. Tamén aproveitamos a ocasión para que nos lera un conto en inglés!
Tamén nos visitou a Garda Civil e tivemos dúas xornadas de Educación vial que estiveron xeniais.
Que chulada! Que iniciativas más bonitas 🥰
ResponderEliminarQue ben o pasan! Grazas polo traballo.
ResponderEliminar