12 de outubro de 2024

🎃PROXECTO CABAZAS🎃

Esta semana comezamos un novo proxecto na clase... AS CABAZAS! Aproveitamos a época do ano na que estamos para investigar máis sobre esta verdura tan saudable. Primeiramente observamos as cabazas que nos puidéstenos traer familias (grazas desde aquí pola vosa colaboración!!), o seu tamaño, forma, peso, cor... Falamos das súas utilidades para a cociña e realizamos unha pequena "choiva de ideas" para ver o que sabiamos delas e que queriamos saber. 
Noutros días abrimos unha desas cabazas e investigamos sobre as súas partes. Creamos un recuncho de investigación na aula para seguir descubrindo cousiñas delas. E, por último, coñecimos o seu ciclo de vida (como nacen, como crecen e que coidados precisan...) 
En fin, unha semaniña intensa que nos fixo medrar as gañas de continuar aprendendo máis sobre elas.... PRONTIÓ MÁIS NOVIDADES! ATENT@S!

































 


3 comentarios:

Anímate e comenta esta entrada