5 de outubro de 2024

 COMEZANDO CO PROXECTO DAS CABAZAS

Este venres a profe Celtia, que está a facer as pácticas da universidade na nosa clase, tróuxonos dúas cabazas. Como xa vos comentamos neste trimestre realizaremos un pequeno proxecto sobre as cabazas. Tocámolas, collémolas, comparmos a súa forma, cor, peso...e nos empezamos a facer preguntas sobre qué nos gustaría saber sobre as cabazas. De onde nacen, como é a pranta da que nacen, canto tempo tardan en crecer, para que serven, por que se celebra o Samáin en Galicia... Polo de agora, o asunto nos ten entusiasmados/as!

Visto o visto... quen sabe... se, como no conto de "Corre, corre cabaciña", acabemos soñando con cabazas faladoras...





































3 comentarios:

Anímate e comenta esta entrada