COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE!
Comezamos este segundo trimestre nas clases das Baleas e dos/as Osos/as Polares con moita ilusión. Partindo da temática do inverno, estamos a traballar a lóxica-matemática (conteo, serie numérica, comparación de cantidades, grafía dos números...); pero tamén seguimos a asentar as bases necesarias para o correcto desenvolvemento da lectoescritura; a observación e experiemntación da contorna; e sobre todo o xogo entre iguais. Aquí tedes algunhas fotiños!
Paralelamente iniciamos o traballo co PDI "As Olimpíadas", falamos do que sabiamos deste tema e o que queremos aprender, xogamos co profe Javier ao hockey e fixemos uns/as esquiadores/as para decorar o noso corredor.
O día 30 de xaneiro conmemoramos na escola o Día da Paz e da non violencia. Para iso días antes todo o alumnado do colexio pintou unhas bolboretas para pegar nos símbolos da paz, que seguramente xa vistes nos cristais do colexio, que simbolizan no seu conxunto os aros olímpicos. E ese mesmo dia 30, tiveron lugar "As miniolimpíadas pola paz", grazas ao traballo do profe Roberto e Javier.
Este curso o entroido coincidiu moi preto da paz, e xa estamos metidos/as en materia.
E xa para rematar con esta entrada no blog, temos que darvos as grazas pola vosa participación no "II Obradoiro de disfraces". Sempre é un pracer que nos acompañedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Anímate e comenta esta entrada