28 de novembro de 2023

O OUTONO NAS NOSAS CLASES


Durante estas semanas, nas clases dos/as Osos/as polares e das Baleas seguimos aprendendo ao redor da temática do outono e da vendima. Fixemos seriacións, contamos, manipulamos, observamos, pintamos... e xogamos un montón. Tamén estivemos acabando o proxectiño que tiñamos entre mans da vendima, descubrindo os diferentes usos das uvas. E como non vai ser todo manipular e observar, nesta ocasión fixemos uso do olfacto e ulimos vinagre. 





























Chuvia houbo a moreas, e saraiba tamén! Non quixemos deixar pasar a oportunidade de xogar con ela, comprobar que fría estaba e como se derretía... Foi xenial!









E despois de moitos días de auga, saíu o sol. Aproveitamos para coidar da nosa horta e coller as flores da alfábega para logo na clase quitarlle as sementes para cando toque prantalas de novo.






























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate e comenta esta entrada