12 de outubro de 2023

 COMEZANDO O MES DE OUTUBRO!

Que rápido pasa o tempo nas nosas clases! Sen darnos case conta xa estamos practicamente a metade do mes de outubro. E a verdade é que deron de si estes días!

Retomouse a actividade de "Lemos aos/ás máis pequenos/as" nas que os/as maiores do cole veñen a lernos un conto en galego. Cómo nos gusta que nos visiten!



Outro día visitounos Güino e convidounos a unha gran festa que se celebrará o 24 de outubro, Día das Bibliotecas escolares, no que terá lugar o acto inaugural do PDI deste curso: As Olimpíadas!





    

Tamén plantamos grelos!!! 


















Fixemos maxia cunhas boliñas de xel e por suposto aproveitamos a ocasión para formular hipotéses e desenvolver aspectos tan importantes como a escoita activa ou a expresión e comprension oral.




Ademais seguimos aprendendo moitas cousiñas do outono e a vendima, experimentamos con diferentes técnicas plásticas, continuamos xogando cos sons das letras, realizamos experiencias sensoriais e elaboramos unhas uvas antiestrés... E como sempre, xogamos e aprendemos un montón!!!





























































































Ata a próxima!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate e comenta esta entrada