OS MAIOS E VERMES DE SEDA
Esta semana xunto co resto dos cursos do colexio, Baleas e Osos/as polares celebaramos a Festa dos Maios na que as familias que puideron nos acompañaron. Primeiro observamos as flores, tocámolas, ulímolas, vimos as súas partes principais, aprendemos algúns nomes e despois as clasificamos. A continuación fixemos as grilandas que decoran o maio de infantil. Ao final da mañá, xa co maio listo, tivo lugar o desfile do noso maio e rematamos a festa cantando a cantiga que aprendemos este ano.
Pero tamén pasaron máis cousas esta semana. Lola, da clase das Baleas, trouxo á calse... vermes de seda!!! Que sorpresa!!!
E por suposto tamén houbo tempo para facer ioga e para gozar coas propostas de xogo novas que había nas dúas aulas de 3 anos.
Mirade nestas fotiños que ben o pasamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Anímate e comenta esta entrada